logo
castellano   català english  
 
Construíndo e innovando dende 1965 a base de compromiso e traballo ben feito

A compañía nace o ano 1965 en Terrassa (Barcelona). Fúndase Copcisa a partir da actividade especializada en movemento de terras que se viña desenvolvendo dende os anos 50.

Unha prudente xestión empresarial, unha clara aposta pola obra civil e a dispoñibilidade dun amplo parque de maquinaria facilitan o crecemento de Copcisa na década dos 70 e 80. Neste período, a empresa acomete amplamente todo tipo de obras de enxeñería civil.

Nos anos 90, Copcisa posiciónase definitivamente como unha empresa construtora de referencia sobre a base dunha estrutura moi profesionalizada. Xunto a grandes obras de enxeñaría civil, dáse un novo impulso á área de servizos e edificación executando obras emblemáticas. Neste período ábrese a oficina de Madrid e xunto a outras construtoras créase ANCI (Asociación Nacional de Construtores Independentes).

A entrada do novo século coincide cunha época de grandes infraestruturas en España das que participa Copcisa: a implantación da liña de alta velocidade, aeroportos, liñas de metro, grandes obras viarias, etc. Ademais Copcisa amplía a súa rede de oficinas en Sevilla, Zaragoza e A Coruña. Tamén neste período comeza a expansión internacional, abrindo oficinas en Chile.

 
@2009 Copcisa S.A. Todos os dereitos reservados