logo
castellano   català english  
 
Innovación constante para alcanzar un futuro mellor
Copcisa traballa en proxectos de innovación e desenvolvemento estudando novas fórmulas para mellorar a calidade dos materiais e os sistemas de traballo. Con iso, optimiza os recursos, fomenta o respecto ao medioambiente, incrementa a calidade e mellora as condicións de seguridade para todos os traballadores.
Algúns exemplos destes proxectos son:
O Proxecto HORLIGAUTO corresponde á utilización dun novo formigón lixeiro auto compáctante reforzado con fibras, coa intención de obter un material cunhas características que o fan óptimo para tarefas de rehabilitación e reforzo de estruturas. Dende o punto de vista técnico, un obxectivo do proxecto é reducir o peso propio sobre a estrutura grazas á baixa densidade deste formigón. Outro obxectivo es conseguir mellores rendementos de produción e posta en obra pola auto compactibilidade de este tipo de formigón, e por último, un terceiro obxectivo é reducir ou, incluso eliminar a armadura pasiva tradicional ao tratalo con o reforzo de fibras estruturais.
O Proxecto MICROPAB baséase no deseño dunha mestura descontinua en quente con áridos de alta calidade e tamaño máximo de 8 mm. Cun uso especialmente deseñado para capas ultra - finas (entre 1 e 2 cm.) e betún modificado, unido á utilización dunha rega de adherencia de alta dotación con emulsión termo adherente de betún xunto cun sistema de estendido de última xeración que permite, grazas aos seus importantes avances tecnolóxicos, garantir unha correcta posta en obra desta mestura para a mellora do parámetro CRT.
Copcisa é unha das primeiras construtoras en dispoñer dun sistema de xestión da I+D+i conforme coa Norma UNE 166002. O devandito sistema é un dos pioneiros do sector da construción en España e entrou nunha fase de madureza superando todas as inspeccións externas que se efectúan periodicamente nesta materia.
 
@2009 Copcisa S.A. Todos os dereitos reservados