logo
castellano   català english  
 
Optimizar os recursos e fomentar o respecto ao Medio Ambiente

O compromiso de Copcisa co medio é firme xa que é un elemento central das súas actividades e obxectivos. Ano tras ano realízanse intensos esforzos para establecer innovacións na xestió do risco ambiental. Copcisa é parte da sociedade e como tal vela polos intereses comúns.

As grandes actuacións poden xerar significativos impactos no medio natural. Para minimizalos, Copcisa leva a cabo de forma sistemática unha serie de prácticas ambientais. Algúns exemplos son a reciclaxe de áridos ou a reutilización de augas en obra, o aproveitamento do material de oficina e de obra, a segregación de residuos por fraccións ou o transplante de árbores afectadas.

Copcisa, ademais de estar certificada na norma ISO 14001:2004, dispón dun Manual de Medio, no que se inclúen os procedementos organizativos para asegurar a calidade ambiental das actuacións e servizos que se levan a cabo.

 
@2009 Copcisa S.A. Todos os dereitos reservados