logo
castellano   català english
 
Innovación, calidade e compromiso

Copcisa é unha empresa de construción, con oficiñas en España e América Latina. Desenvolve a súa actividade no ámbito da obra civil, a edificación e os servizos. Dende os seus inicios en 1965 ata hoxe consolidou a súa posición no mercado grazas a un modelo baseado no compromiso e o traballo ben feito. Na actualidade está presente na construción de infraestruturas e equipamentos de referencia.

No ámbito da obra civil, Copcisa deseña e constrúe obras viarias, ferroviarias, aeroportuarias, marítimas, hidráulicas, industriais e urbanizacións.

No campo da edificación, a empresa realiza todo tipo de construcións: hospitais, centros de atención primaria, residencias xeriátricas, centros administrativos, equipamentos docentes, hoteis, oficinas, vivendas, naves industriais, centros deportivos, equipamentos culturais e de transportes.

Todas elas se levan a cabo cos recursos tecnolóxicos máis avanzados e un equipo humano altamente cualificado capaz de executar, de modo integral e rigoroso, calquera demanda do cliente.

A administración pública e empresas privadas de referencia teñen depositada a súa confianza na solidez e profesionalidade de Copcisa. Son máis de 45 anos de experiencia que a converteron nunha das construtoras de maior prestixio. Unha empresa recoñecida no secto polo esforzo, a profesionalidade, a innovación, a seriedade e o compromiso co que responde ás necesidades do mercado.

Copcisa pertence ao Grupo Copcisa Industrial. Para máis información visite a Web:

Ir á web de Copcisa Industrial
 
@2009 Copcisa S.A. Todos os dereitos reservados